Satisfeito coa traslación a imaxes e son deste pequeno guión da miña autoría.
Unha curta inserida nunha campaña máis ampla, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, para conseguir 10.000 sinaturas coas que presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento galego.
A sensación é semellante á que experimentei cando tiven a sorte de ver realizadas, a través do Diario Cultural da Radio Galega, as miñas dúas obras de teatro radiofónico —O bambán e Nunca me esquecerei de ti— escritas hai xa un tempiño.
Grazas a Desoños por contar conmigo para este proxecto e a Audiovisual Deica e ao grupo de actrices e actores polo seu bo facer e profesionalidade.