«Llévame al huerto» é un restaurante vexeteriano de recente apertura na cidade de Vigo. Aposta por receitas elaboradas de bocatería, en que os protagonistas son os produtos de horta de alta calidade.
Coa nosa proposta quixemos transmitir unha imaxe fresca, limpa e, por suposto, verde, que reflectise axeitadamente o espírito procurado polo cliente para o seu negocio.
Ao tempo, e aproveitando o carácter lúdico e cargado de dobre sentido do nome, desenvolvemos toda unha serie de variacións da logomarca para seren utilizadas ao gusto do cliente, na que as dúas follas do símbolo acadan novos sentidos e significados.