O segredo SC, desvelado

 

Satisfeito coa traslación a imaxes e son deste pequeno guión da miña autoría.

Unha curta inserida nunha campaña máis ampla, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, para conseguir 10.000 sinaturas coas que presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento galego.

A sensación é semellante á que experimentei cando tiven a sorte de ver realizadas, a través do Diario Cultural da Radio Galega, as miñas dúas obras de teatro radiofónico —O bambán e Nunca me esquecerei de ti— escritas hai xa un tempiño.

Grazas a Desoños por contar conmigo para este proxecto e a Audiovisual Deica e ao grupo de actrices e actores polo seu bo facer e profesionalidade.

Fichas de lectura

As fichas de lectura de Xerais ofrecen aos mestres e mestras un material de apoio que procura simplificar as tarefas do docente co traballo da lectura na aula.

Nas fichas, ademais das biografías dos autores-as e dos ilustradores-as, ofrécese un resumo argumental, un apartado sobre os temas e valores que se desenvolven en cada libro e unha serie preguntas e actividades —para antes e despois da lectura— que o alumnado poderá respostar e realizar na mesma ficha.

A intención última, consiste en que o alumnado saque todo o xugo posible a cada unha das obras publicadas pola editorial dentro das coleccións de literatura infantil e xuvenil.

Algúns libros dos que me encarguei de preparar fichas de lectura son os seguintes:

  • A neve interminable. Agustín Fernández Paz.
  • A rula, o peluche e a nena. Pacto Martín.
  • Bala perdida. Manuel Rivas.
  • Os Megatoxos e a cara oculta da lúa, Os Megatoxos e o dragón de xade, Os Megatoxos e o aprendiz de druída, Os Megatoxos e a espada esmeralda, Os Megatoxos e os Templarios da Luz. Anxo Fariña.
  • Nena e o mar. Érica Esmorís.
  • O corazón da maxia. Xavier Estévez.
  • O trompetista e a lúa. Xelís de Toro.
  • Rubicundo. María Canosa.
  • Unha casiña branca. Marcos Calveiro.
  • Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra.
  • Formig4s. Misión Barcelona, Formig4s. Misión Nova York, Formig4s. Misión París. Pere Tobaruela.
  • De cristal. Silvestre Gómez Xurxo.
  • Europa Express. Andrea Maceiras.
  • Historia da bicicleta dun home lagarto. Fina Casalderrey.
  • Esmeraldina, a pequena defunta. Ledicia Costas.

Todas estas fichas de lectura pódense descargar en formato PDF na web de Xerais.