As fichas de lectura de Xerais ofrecen aos mestres e mestras un material de apoio que procura simplificar as tarefas do docente co traballo da lectura na aula.
Nas fichas, ademais das biografías dos autores-as e dos ilustradores-as, ofrécese un resumo argumental, un apartado sobre os temas e valores que se desenvolven en cada libro e unha serie preguntas e actividades —para antes e despois da lectura— que o alumnado poderá respostar e realizar na mesma ficha.
A intención última, consiste en que o alumnado saque todo o xugo posible a cada unha das obras publicadas pola editorial dentro das coleccións de literatura infantil e xuvenil.
Algúns libros dos que me encarguei de preparar fichas de lectura son os seguintes:
- A neve interminable. Agustín Fernández Paz.
- A rula, o peluche e a nena. Pacto Martín.
- Bala perdida. Manuel Rivas.
- Os Megatoxos e a cara oculta da lúa, Os Megatoxos e o dragón de xade, Os Megatoxos e o aprendiz de druída, Os Megatoxos e a espada esmeralda, Os Megatoxos e os Templarios da Luz. Anxo Fariña.
- Nena e o mar. Érica Esmorís.
- O corazón da maxia. Xavier Estévez.
- O trompetista e a lúa. Xelís de Toro.
- Rubicundo. María Canosa.
- Unha casiña branca. Marcos Calveiro.
- Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra.
- Formig4s. Misión Barcelona, Formig4s. Misión Nova York, Formig4s. Misión París. Pere Tobaruela.
- De cristal. Silvestre Gómez Xurxo.
- Europa Express. Andrea Maceiras.
- Historia da bicicleta dun home lagarto. Fina Casalderrey.
- Esmeraldina, a pequena defunta. Ledicia Costas.
Todas estas fichas de lectura pódense descargar en formato PDF na web de Xerais.