Exposición no Restaurante Gálgala

 

Dende hai apenas uns días o restaurante vexetariano Gálgala ten a amabilidade de acoller unha pequena exposición da serie de posters In Vigo Veritas sobre arquitectura e paisaxes vigueses creada por Mamut Gráfica. As láminas están á venda no propio restaurante a razón de 12 euros c/u. Con ofertas por conxuntos de láminas de 40 euros por 4 láminas ou de 75 euros pola colección de 8 láminas.

Anímate a visitar o Gálgala, na rúa Pracer 4 de Vigo, e bótalle un ollo á exposición!